A Deputación da Coruña e Pedralonga Estudios asinaron o contrato para a xestión de Coruña Estudo Inmersivo (CEI), aprobada no pleno do pasado 27 de decembro. Coa firma deste documento, a sociedade será a encargada da xestión e explotación do centro de produción virtual VPxR, promovido pola Deputación da Coruña no marco do proxecto "Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia (EDAGA) Coruña Estudio Inmersivo (CEI)", por un período de 20 anos prorrogables por outros 5 anos máis. Con esta sinatura que se pon fin ao proceso administrativo da posta en marcha da infraestrutura, que será inaugurada durante o mes de febreiro e comezará de xeito inmediato a ser sede dunha formación específica para traballar coa súa tecnoloxía.
Unha vez pechado o proceso administrativo, o CEI comezará a acoller de xeito inmediato unha formación impartida por especialistas na tecnoloxía virtual para que os profesionais autóctonos do sector aprendan a manexar as posibilidades da nova infraestrutura. O CEI, que en termos técnicos xa está rematado pode acoller todo tipo de producións audiovisuais, incluíndo videoxogos. O estudio supón un investimento de preto de 9 millóns de euros, cofinanciados entre a Deputación e o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para dotar á Coruña dun plató virtual dotado da tecnoloxía máis innovadora, proporcionada por Telefónica