Ouvirmos xestionará a programación do Teatro Colón

A Deputación da Coruña adxudicou a Eulen o resto dos servizos de xestión do recinto

| Santiago. S. Montes | Seccións: Sociedade
Compartir:

Tras o acordo entre a Deputación da Coruña e o Concello herculino para efectuar o traspaso da xestión do Teatro Colón a este último en 2018, o ente provincial sacou a licitación a xestión privada da programación, a comunicación e venda de entradas así como a produción e mantemento escénicos do recinto para este período previo a ese traspaso. Este luns fixéronse públicas esas licitacións. A empresa Ouvirmos S.L. será a que xestiones a programación cultural do recinto por seis meses prorrogables a outros seis. Ouvirmos disporá de 40.000 euros (IVE incluído) para a súa xestión que incluirá un máximo de 80 eventos e que estará supervisada pola deputación e suxxeita á aprobación desta. A empresa, dirixida por Xosé Manuel Aldea, é unha consultora cultural e editora de libros e música. Os traballos a desenvolver inclúen o deseño das liñas de programación do Teatro así como a organización e coordinación de todas as actividades, o control administrativo da programación do Teatro e a súa xestión interna.

A licitación para os vindeiros seis meses dos servizos de comunicación e xestión de públicos e vendas de entradas foi para a empresa EULEN S.A, por un importe de 70.000 euros (IVE incluído). A mesma empresa tamén se fixo, por un importe de 72.000 euros (IVE incluído) cos servizos de produción e mantemento escénico do teatro para o mesmo período. Eulen era unha das empresas que formaba parte da Unión Temporal de Empresas que ata o pasado mes de maio levaban a xestión do recinto público e que renunciaran a seguir con esta xestión privada, decidindo que non desexaban a continuidade.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Colón, Deputación da Coruña, IVE...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares