O Teatro Colón cesa a súa actividade en xaneiro

A Deputación da Coruña e a Fundación Novacaixagalicia rescindiron o contrato de xestión do espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Un concerto de Loquillo, o vindeiro 20 de xaneiro, é a última cita programada, polo momento, no Teatro Colón da Coruña. A Deputación rescindiu a concesión pola que a Fundación Novacaixagalicia xestionaba o recinto desde a súa recuperación en 2007, logo de que a entidade sinalase que non pode soster os custos deste proxecto. A entidade provincial anunciou que está a procurar novas posibilidades de xestión do recinto, e que baralla opcións como convocar un novo concurso púbico ou mesmo encarguarse en solitario da programación. Desde a Fundación, no entanto, anunciaron a súa intención de continuar a colaborar coa vida cultural da cidade e non desbotan manter algún tipo de cooperación co teatro.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Deputación da Coruña, Teatro Colón da Coruña