A Deputación da Coruña e mais a Unión Temporal de Empresas composta por Gestión de Espacios Culturales y de Ocio, Eulen e Unahoramenosproducciones, asinaban onte o acordo polo a firma pasa a se facer cargo da xestión do Teatro Colón. A obra de teatro El tipo de la tumba de al lado, abrirá, o vindeiro 15 de xuño, a nova etapa da sala, propiedade da Deputación. Segundo os novos responsables, a sala buscará ofertar unha programación variada e estable e soster os espectáculos en base ás entradas. Está xa en marcha o novo web do espazo, que adianta a programación dos vindeiros meses.
Milladoiro, Rober Bodegas, o Lago dos Cisnes, Jazz no Colón, Tanxarina Teatro e Los Vivancos, compoñen a proposta inicial ata o vindeiro mes de xullo. O espazo, propiedade do organismo provincial, estaba sen programación desde o pasado mes de xaneiro, logo de a Fundacion Novacaixagalicia abandonase a súa xestión. A concesión á UTE Teatro Colón foi criticada desde distintos medios de comunicación ao sinalar que na empresa traballaba a irmá do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e que houbera propostas a concurso que tiñan menos custe económico.