Concertos, galas e programación infantil son a base da programación do Teatro Colón para os vindeiros tres meses. Nunha rolda de prensa na que estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación Goretti Fernández e o coordinador da programación Xosé Aldea, presentáronse os eventos da vindeira tempada. Concertos de Pablo Milanés con Luís Emilio Batallán, Sés, Son Galego, Son Cubano de Roi Casal ou a Real Filharmonía de Galicia, teatro con Ubú Rei de Talía Teatro, Noites de Retranca e Contos na Lareira, así como unha nutrida programación infantil nos Matinais dos domingos. Tamén se destacaron as dúas galas de produción propia: a dedicada o 23 de febreiro ao aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e outra ao redor do Día Internacional das Mulleres. No pasado semestre, o Teatro Colón acolleu unha programación de 81 eventos con 38.816 persoas asistentes.
Pablo Milanés ou Sés na nova programación do Teatro Colón da Coruña
A Deputación presentou a nova programación
31 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Protagonistas
Lugares
