A Deputación Provincial e o Concello da Coruña acordaron finalmente todos os termos para o cambio na xestión do Teatro Colón que pasará o vindeiro 2 de xullo a ser municipal, integrándose no Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). A Deputación da Coruña cederá ao concello a xestión do Teatro Colón por un prazo de dous anos, prorrogables por outros dous, e fará unha achega anual de 500.000 € para sufragar os gastos de xestión e programación. A institución provincial reservarase trinta dÃas de uso e formará parte da comisión e seguimento da programación do centro cultural. Son estes algúns dos puntos que inclúe o acordo de cesión de xestión que fixeron público en roda de prensa o presidente da Deputación, ValentÃn González Formoso, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e como responsables das áreas de Cultura das dúas institucións, a tamén vicepresidenta Goretti SanmartÃn Rei e o concelleiro José Manuel Sande.
Desde setembro de 2017, tras a renuncia da empresa concesionaria, a Deputación da Coruña púxose á fronte da xestión do centro cultural, contratando os servizos para o desenvolvemento da súa programación actualmente xestionada pola empresa Ouvirmos S.L., nunha etapa que rematará o vindeiro 2 de xullo en que pasará a mans do Concello da Coruña. SanmartÃn anunciou a creación dunha comisión de seguimento da programación que, segundo dixo, "velará pola continuidade na aposta pola cultura galega e a promoción da nosa lingua e pola programación de espectáculos de calidade". O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, anunciou que o Teatro Colón será o quinto recinto que se xestione a través do IMCE e terá vocación, en especial, de promocionar músicas e públicos novos no que definiu como unha "reorganización dos recintos con identidade diferente". Indicou tamén que o proceso de cesión vai unido a outras actuacións como "cobertura de persoal do IMCE e designación dun director que vai reforzar a entrada do Teatro Colón na rede de recintos culturais".