O colectivo Ergosfera presentou unha cartografía do patrimonio público da cidade da Coruña "identificando todos os solos e edificacións de titularidade pública, diferenciando a rede de espazos de acceso público continuo e resaltando os bens patrimoniais en desuso na actualidade". O proxecto, do que foi presentada unha primeira fase, permite visualizar todos os elementos, tanto de xeito xeral como clasificados por administracións titulares ou se están en desuso na actualidade. O obxectivo é comprender mellor a titularidade coruñesa, "abrir novas vías de pensamento para abordar a idea do público na contemporaneidade" ou "facilitar a formulación de propostas de usos populares ou institucionais". Trátase dun proxecto elaborado co financiamento da rede Artigo9Tech, Enxeñería sen Fronteiras e Arquitectura sen Fronteiras por Iago Carro, Ramón Fernández, Cristina Botana e Brais Estévez.
Ergosfera cartografía o patrimonio público da Coruña
Busca fomentar debates ao redor dos usos urbanos da cidade