O concello da Coruña pensa destinar o cárcere á "produción e xestión audiovisual"

Coñécese o documento que planifica os futuros usos do inmoble

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Cárcere da Coruña. Foto: Andrés Maneiro /  Wikipedia

Cárcere da Coruña. Foto: Andrés Maneiro / Wikipedia

Hoxe coñeceuse a proposta de usos que está a manexar a área de cultura do concello da Coruña para o antigo cárcere provincial. O seu uso "principal" sería para a "creación e xestión audiovisual", tendo en conta a relevancia da cidade coruñesa no sector audiovisual tanto no ámbito formativo como empresarial. Ao documento tivo acceso o xornal La Opinión, que publica detalles sobre esta funcionalidade. Sería un "espazo de residencia, traballo, formación e orientación profesional" que se organizaría "en áreas de coworking para iniciativas invitadas e residentes que fomenten o emprendemento audiovisual". Todo parece indicar que a fórmula de xestión non sería unicamente pública , xa que podería ser "ineficaz" e o edificio converteríase "nunha carga para o concello". O inmoble tamén acollería propostas relativas á Torre de Hércules, á memoria histórica, ou á articulación social dos barrios próximos. O cárcere da Coruña foi obxecto dunha recuperación por parte do proxecto Cárcere durante o goberno da Marea Coruñesa, despois de pechar os seus usos como institución penitenciaria e de reinserción social en 2012, e na actualidade está sen usos, pendente dun plan director e da resolución das circunstancias administrativas, que implican un pagamento de máis dun millón de euros por parte do concello coruñés ao Ministerio do Interior pol inmoble.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Torre, Memoria Histórica, La Opinión...