O proxecto Cárcere xestionará a antiga prisión da Coruña

Faranse cargo da xestión e programación do edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O concello da Coruña anunciou onte, a través do seu concelleiro Xiao Varela, que a xestión da programación e apertura da antiga prisión da Coruña foi concedida ao Proxecto Cárcere, a plataforma constituída para a recuperación do antigo edificio carcelario. As obras para a consolidación do edificio serán adxudicadas en setembro e suporán a reparación de deficiencias derivadas do abandono do plataforma e a partir de fin de ano, esta plataforma poderá comezar a xestión do espazo. Segundo sinala Sermos Galiza, constituirase unha comisión mixta entre concello (que é o titular da cesión da propiedade por parte do Estado) e Proxecto Cárcere para facer o seguimento dos acordos, e no que se reserva un 40% dos contidos da programación para actividades relacionadas coa memoria histórica e outras "que non teñan lugar noutros espazos da cidade con carácter regular".

Que che parece esta nova?
142 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Sermos Galiza, Concello da Coruña