Unhas xornadas de portas abertas debaten o futuro da cadea da Coruña

O Proxecto Cárcere programa actividades culturais neste espazo entre o 8 e o 10 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

"E ti que farías aquí?" é o chamamento que realiza o Proxecto Cárcere nas Xornadas de Portas Abertas que organiza antiga prisión provincial da Coruña. Entre o 8 e o 10 de xuño, este colectivo coordina debates, conferencias, teatro, música, unha exposición de artes plásticas, cine e poesía neste espazo. A intención das xornadas é definir posibles empregos para a antiga cadea. A plataforma que organiza o evento reclama unha xestión independente do edificio e que o mesmo se oriente de cara ao movemento asociativo local.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Cine, Teatro

Claves

Conceptos