A Coruña súmase aos Paseos de Jane

Proxecto Cárcere coordina esta actividade polo barrio de Monte Alto o vindeiro 13 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Coruña súmase aos Paseos de Jane

O barrio de Monte Alto acollerá o vindeiro 13 de maio a partir das 11 da mañá o primeiro Paseo de Jane da Coruña. A cidade súmase así a esta actividade de coñecemento colectivo sobre as vilas e cidades que xa contaba con presenza en Cangas e en Compostela e na que se convida á cidadanía a pasear e compartir experiencias e visións sobre o seu contorno. O colectivo Proxecto Cárcere coordina co apoio do Concello esta actividade que fai parte do programa O Cárcere á rúa. Dentro do mesmo celebrarase tamén un encontro de colectivos e axentes vinculados de todo o Estado vinculados ás prisións, coa idea de reflexionar sobre o papel das mesmas como axentes culturais e sociais. As dúas propostas intégranse na iniciativa de recuperación da antiga cadea da cidade para uso público que defende este colectivo.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Cangas, Santiago de Compostela