A Coruña lanza unha iniciativa de microresidencias artísticas

Está promovida pola asociación cultural "Sen ánimo de nome"

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande, presentou un proxecto de microresidencias artísticas dentro do plan "Cultura de Barrio" que financia o concello corunés. A iniciativa ten o título de '1+1 Play. Artistas en microresidencia', está promovida pola asociación cultural "Sen ánimo de nome" e inclúe "un programa de actividades creativas e abertas á cidadanía". O programa "Cultura de Barrio" é unha liña de axudas promovida polo concello da Coruña que financiará uns 17 proxectos culturais este ano. A proposta iníciase con 1+1 Play, en Monte Alto e Peixería.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña

Claves

Lugares