O Concello da Coruña ven de presentar un plan de axudas á celebración de festivais audiovisuais na cidade dotado con 40.000 euros. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este martes a convocatoria municipal de subvencións para a organización de festivais audiovisuais que, como sinalou, servirá para fomentar e dar apoio a este tipo de eventos audiovisuais "tendo en conta a pegada que ten o sector na cidade e a súa ampla variedade". Como tamén indicou Sande na presentación, esta nova convocatoria forma parte dun plan "máis ambicioso", relacionado con este sector, que se formalizará a través dun convenio coa Academia Galega do Audiovisual, e se suma ao ciclo de apoio ás pre-estreas e actividades iniciada polo Concello o ano pasado. A convocatoria, segundo informou esta mañá o concelleiro, vai destinada ao fomento e apoio aos festivais audiovisuais de carácter contrastado, xa realizados neste ano ou por realizar antes do 30 de novembro deste ano. Entre os requisitos para concorrer está a ubicación do mesmo, que deberá celebrar no termo municipal da Coruña, e que deberá ter unha duración mÃnima de tres xornadas e un mÃnimo de doce proxeccións; para optar a estas subvencións é requisito tamén que o evento teña realizado dúas edicións consecutivas inmediatamente anteriores á deste 2017, "para propiciar aqueles proxectos consistentes e asentados", e que a súa proposta de programación contemple un mÃnimo do 10% de tÃtulos ou sesións de produción cinematográfica galega, ou ben con dirección galega, "de cara a favorecer a produción local". ”. O consistorio coruñés tamén ven de publicar no BOP de hoxe a convocatoria de axudas a salas de teatro, artes escénicas e musicais que ofrece – en función do aforo e da disciplina artÃstica- subvencións de entre 15.000 euros e 3.000 euros para o apoio a programacións culturais durante o presente ano. Estas axudas contan cunha partida de 30.000 euros.