A Fundación Seoane centra a programación 2017 no mundo editorial

Quere promover a visión do centro como "contedor cultural interdisciplinar"

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Responsables da Fundación e dos eventos.

Responsables da Fundación e dos eventos.

José Manuel Sande, concelleiro de Culturas do concello da Coruña, presentou onte a programación da Fundación Luís Seoane, da que é presidente do padroado, para o ano 2017. Sande quixo destacar o papel do centro como un "contedor cultural interdisciplinar", no que ademáis de mostras vinculadas á figura do artista, desenvólvense actividades que teñen que ver tamén con outras disciplinas coma o teatro ou a literatura.

Deste xeito, en outubro presentarase a exposición Oitenta anos de 13 estampas da tradición, comisariada por María Antonia Pérez e Silvia Longueira, sobre a publicación do primeiro álbume de Seoane en Bos Aires en 1937 e a mostra Como se imprime un libro. Artes gráficas e impresoers en Arxentina (1935-1955) que recolle a época dourada da impresión no país sudarmericano. Ademáis, haberá unha serie de mesas redondas ao redor do artista Xavier Correa Corredoira, quen está a espoñer na Fundación ata o 23 de marzo, ou o ciclo Parellas literarias, quen analiza a relación entre vida persoal e a pegada de homes e mulleres escritores, nun ciclo coordinado por Eduardo Riestra e que se inicia os días 15 e 22 de febreiro. O encontro Cara a Cara suporá un espazo de xuntanza entre artistas de diversas disciplinas e o Teatriño, entre outras actividades, será unha acción de teatro de proximidade coordinada por Camilo Franco, entre moitas outras actividades.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Teatro, Luís Seoane, Literatura...