O Consello da Xunta aprobaba onte Memoria dixital de Galicia, unha estratexia para dixitalizar o patrimonio material e inmaterial do paÃs que concentrará un investimento de 9,1 millóns de euros. Esta ambiciosa proposta pretende establecer un marco técnico común para todos os axentes e institucións involucrados na conservación do patrimonio de cara á dixitalización de elementos. Ademais, abordaranse iniciativas de capacitación para o emprego das tecnoloxÃas da información e da comunicación neste sentido e coa intención de favorecer a visibilización do patrimonio. Finalmente, a estratexia tamén quere facilitar o desenvolvemto de contidos dixitais culturais e facilitar a accesibilade aos bens patrimoniais de xeito tanto presencial como virtual.
Segundo explica a Xunta na nota de presentación deste proxecto, nesta liña prevense aplicar tecnoloxÃas de xeolocalización, dixitalización en dúas e tres dimensións, elaboración de catálogos dixitais ou sistemas de realidade aumentada. Ademais quérense aproveitar as posibilidades de Big Data e Linked Open Data para o tratamento masivo dos datos que se xeren no proxecto.
Como primeiros pasos do proxecto, a Xunta anuncia para o vindeiro mes de outubro a apertura na rede do Arquivo Electrónico Patrimonial, que se centrará na xestión do patrimonio documental do paÃs. Por outra banda, no marco da biblioteca dixital Galiciana convocaranse axudas para dixtalización de fondos por valor de 800.000 euros.