Os que pasaron en 2024

Repasamos as figuras da cultura que nos deixaron o ano pasado

| Santiago. Redacción | Seccións: Necrolóxicas
Compartir:
Luz Fandiño, Xabier Deive e Justo Beramendi

Luz Fandiño, Xabier Deive e Justo Beramendi

O 2024 foi o ano do pasamento de destacadas figuras da literatura, a investigación, a arte e o activismo cultural. Entre as figuras que finaron figuran, na literatura, o escritor Afonso Álvarez Cáccamo, en marzo, a poeta Luz Fandiño, o tradutor Xosé Antón Parada ou o tradutor Henrique Harguindey, en decembro. Nas artes visuais, o ano levou por diante ao artista Manuel Facal, o fotógrafo Magar, en agosto, ou o pintor Alexandro, en outubro. Tamén finaron outras figuras da investigación ou o activismo, como Justo G. Beramendi, catedrático de Historia Contemporánea e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, en xullo, o actor Xabier Deive ou Francisco Domínguez, antigo director da Fundación Penzol.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O legado tamén é dixital

O legado tamén é dixital

O escritor e tradutor Henrique Harguindey cedeu o seu web Palabras Desconxeladas aos fondos de web histórica do CCG

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Luz Fandiño, Magar, Henrique Harguindey...