Un informe do CCG pide "recuperar o ceo nocturno"

Inclúe un decálogo para regular a iluminación artificial

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Un informe do CCG pide "recuperar o ceo nocturno"

Un informe presentado hoxe pola mañá no Consello da Cultura Galega avoga pola regulación da iluminación artificial para "recuperar o ceo noturno". Trataríase de "Reducir a contaminación luminosa, crear mecanismos de control nos organismos e servizos de ordenación urbana ou elaborar unha normativa que poña freo á instalación xeneralizada de pantallas publicitarias ultrabrillantes" entre outras medidas. O informe foi elaborado pola Comisión técnica temporal sobre contaminación luminosa, integrada por: Salvador Bará Viña, Rebeca Blanco Rotea, Susana Malón Giménez e Jorge Mira Pérez como coordinador e está dirixido ás administracións públicas. Segundo o físico Salvador Bará, trátase de "atopar un punto de equilibrio entre a súa indubidable utilidade e os seus daniños efectos non desexados". Entre as medidas propostas, tamén se atopa "reverter a inxustificada tendencia actual a aumentar a superficie iluminada" e tamén en relación ao Nadal. "As actuais tendencias á esaxeración e competitividade nas decoracións deste período están a ter un efecto contaxio que está levando a zonas rurais a entrar nesa dinámica", sinala o informe.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Recuperarmos a noite estrelecida

Recuperarmos a noite estrelecida

A contaminación luminosa provoca efectos non desexados na natureza e na nosa saúde. E tamén nos priva da beleza do firmamento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rebeca Blanco, Jorge Mira, Nadal, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos