Un informe de Océana reclama a ampliación da costa protexida en Galicia

A Fundación alerta sobre o perigo de contaminación das rías

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Na actualidade, só 10.000 hectáreas de litoral mariño están protexidos en Galicia, pero segundo un informe presentado pola Fundación Océana -cofinanciado pola Fundación Diversidad, do Ministerio de Medio Ambiente-, esta superficie debera ampliarse cando menos en máis de 27.000 hectáreas a maiores.

Estas conclusións derívanse do estudo que os científicos da Fundación Océana fixeron do litoral cantábrico e galego. O traballo de campo dos científicos pasou por investigar in situ o litoral e os fondos mariños para analizar a diversidade ecolóxica. Da súa investigación apareceron mesmo especies novas -unha esponxa descoñecida- e a constatación da riqueza de determinadas formacións submarinas, coma os bancos de coral.

Para a Fundación Océana, debe realizarse unha ampliación do Parque Nacional das Illas Atlánticas para incluír os baixos próximos a Ons e engadir as Illas Sisargas. Tamén se deberan protexer os baixos de Os Meixidos e Vilar de Fontes, "ou estudar a súa inclusión na reserva mariña dos Miñarzos", crear unha área protexdia entre Cedeira e a Estaca de Bares e analizar a posibilidade de crear unha figura de protección para a área comprendida entre a desembocadura do río Sor e a Illa Coelleira.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ons, Cedeira

Claves

Lugares