O novo goberno suprime o centro contra a contaminación do mar que está na Coruña

¿Loita? contra a contaminación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Boletín Oficial do Estado publicaba onte os decretos de constitución dos ministerios, que son a "biblia" de como van ser os futuros órganos de goberno. Malia que falta o desenvolvemento dos decretos, hai cambios substanciais na ordenación das competencias de protección do mar coa creación do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño. Segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, esta reorganización orgánica implica a desaparición Centro para a Prevención e Loita contra a Contaminación Marítima e do Litoral (Cepreco), creado a raíz do Prestige, e que está sen aclarar se só desaparece como entidade ou tamén as súas competencias.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Biblia, Prestige, Medio Rural...

Claves

Conceptos
Lugares