O goberno crea na Coruña un centro para a prevención e loita contra a contaminación mariña

Vixías no mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A Coruña terá un "Centro para a prevención e loita contra a Contaminación Marítima e do Litoral" que terá a súa sede na Torre de Control de Tráfico Marítimo. O proxecto viu a luz verde no Consello de Ministros do pasado venres, cando se cumprían dous anos do accidente do Prestige. O centro dependerá directamente da Vicepresidencia primeira do Goberno e coordinará as actuacións das carteiras de Fomento e Medio Ambiente e do Coordinador do Ministerio de defensa para este asunto, alén de asumir as funcións desempeñadas até o de agora polo Comisionado do goberno para as actuación derivadas da catástrofe do Prestige.

Máis información en La Opinión e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Prestige, Torre, Galicia Hoxe...

Claves

Conceptos
Lugares