A plataforma Nunca Máis fai un balance negativos das medidas adoptadas logo de dous anos da marea negra

Balance de dous anos negros

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A dez días das manifestación coa que se quere conmemorar o segundo aniversario da catástrofe do Prestige, a plataforma Nunca Máis facía balance onte da situación da costa neste segundo aniversario. O colectivo destaca que non se adoptaron medidas axeitadas de recuperación ambiental e que continúan a existir carencias en equipamento de seguridade marítima. Os representantes de Nunca Máis criticaron tamén os orzamentos que se están a destinar ao plan Galicia e reclamaron o emprego de técnicas de biorremediación e creación dun plan de continxencia contra catástrofes marítimas que cubra toda a costa galega.

Máis información en Galicia Hoxe ; en La Opinión e no web de Nunca Máis

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Galicia Hoxe, La Opinión

Claves

Conceptos