Unha manifestación e diferentes actos celebran o terceiro aniversario da marea negra do Prestige

Prestige, ano III

O vindeiro domingo trece de novembro celébrase a xa tradicional manifestación que conmemora o accidente, hai tres anos do Prestige. Desta volta, a Plataforma Nunca Máis reclama a necesidade de tomar medidas de protección da costa para evitar outro caso semellante. O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, reuníase hai dous días con representantes do colectivo e apuntaba a disposición do executivo a declarar esa data coma “Día da Dignidade”, en recoñecemento á masiva mobilización da sociedade galega en 2002.

Máis información en Galicia Hoxe e no web de Nunca Máis