Beatriz Morales, presidenta da Comisión de Coordinación Científica dos proxectos de investigación do Prestige, denunciaba onte que Repsol está a negarlle mostras do fuel que transportaba o barco a este organismo creado polo goberno. Segundo ela, hai un ano que están a solicitarlle á empresa mostras deste fluído para coñecer mellor os seus posíbeis efectos sobre o medio sen obteren resposta. Mentres, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) denunciou que, dous anos logo da catástrofe, quedan aínda moito fuel acumulado nas rochas e que moitas áreas da costa continúan recibindo periodicamente restos deste vertido. Neste sentido, o Comisionado do Goberno para a catástrofe ordenou facer catas en catro praias da Costa da Morte para comprobar a existencia de fuel soterrado, e recoñeceu a chegada periódica de fuel á costa ao longo deste ano.
Máis información en La Voz de Galicia; as denuncias de ADEGA en Diario de Ferrol; sobre as catas nas praias en La Opinión