A Xunta rexeita o informe da UE que sitúa Galicia coma unha das zonas mais contaminadas por Nitróxeno

Menos NO2

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Os datos da estación de control da contaminación do Saviñao revelan segundo a Xunta que a contaminación por nitróxeno no Courel está por baixo dos niveis estabelecidos pola lexislación. Deste xeito, o goberno galego refuta o informe da Unión Europea que indicaba a existencia das concentracións máis altas de óxido de nitróxeno do Estado nesta zona, na Ribeira Sacra e no sur de Lugo. A Consellaría de Medio Ambiente solicitoulle de calquera xeito ao Instituto de Física Medioambiental de Heidelberg, onde se realizou a análise, que explique a orixe desta suposta contaminación e que permita cotexar os seus datos.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa nova

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente, Goberno Galego, Unión Europea, La Voz de Galicia...