A pesar de que a Xunta e as medicións realizadas pola Universidade de Santiago apuntan o contrario, a Comisión Europea confirmaba o pasado venres as cifras sobre concentración de dióxido de nitróxeno no Courel que detectara a Axencia Espacial Europea. O organismo europeo apunta que a responsabilidade desta contaminación debe buscarse nas centrais térmicas da Pontes, Meirama e Ponferrada. Precisamente esta fin de semana coñecÃamos os últimos axustes no reparto de emisións de dióxido de carbono. As modificacións no Plan Nacional de Asignacións que aprobaba o pasado venres o Goberno Central outórganlle á Meirama o dereito a emitir un 26Â’5% do anunciado inicialmente, mentres que a central das Pontes só incrementa nun 2Â’19% as emisións sobre a asignación inicial.
Máis información sobre o dióxido de nitróxeno en El Correo Gallego, La Voz de Galicia e nos nosos arquivos; sobre as emisisións das centrais en La Voz de Galicia, en La Opinión e nos nosos arquivos;