As centrais térmicas das Pontes e Meirama deberán reducir as súas enisións de dióxido de carbono

Coutar o CO2

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O reparto de dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2) que efectuou o Goberno Central obrigará ás centrais térmicas das Pontes e Meirama a reducir drasticamente o seu nivel de contaminación. Estes dous complexos, considerados polos ecoloxistas coma uns dos principais focos de contaminación de Galicia, emitían no ano 2001 un total de 14’7 millóns de toneladas deste gas nocivo, mentres que para 2005 só poderán emanar destas chemineas 7’9 millóns de toneladas. A Federación Ecoloxista Galega considerou altamente positiva a medida, mentres que Unión Fenosa e ENDESA, propietarias da centrais, apuntan que esa redución pon en perigo a viabilidade das dúas centrais. As empresas barallan negociar a merca de dereitos de emisión para poder seguir funcionando como na actualidade.

Máis información en La Opinión e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Fenosa, Federación Ecoloxista Galega, La Opinión...