
Esta mañá tivo lugar a presentación a medios da 'AntoloxÃa de Nova Galega de Danza' no Teatro Colón da Coruña, na que participaron Jaime Pablo DÃaz, director artÃstico de Nova Galega de Danza; Yoya Neira, deputada de Educación da Deputación da Coruña; a cantante e chelista Rosa Cedrón e o compositor Sergio Moure, colaboradores artÃsticos habituais de Nova Galega de Danza, que estiveron acompañados polo elenco de bailarinas e bailarÃns da compañÃa, entre eles, o gañador dun Premio Max Iván Villar.
O domingo 19 de xaneiro, unha vez rematada a función de Dique, ás 21.00h, terá un lugar un encontro aberto ao público, no que Jaime Pablo DÃaz, director artÃstico de Nova Galega de Danza, conversará co dramaturgo e investigador teatral Roberto Pascual, director da MIT entre 2009 e 2024. As entradas para o acto son gratuÃtas, previa retirada dos convites a través da plataforma Ataquilla; os convites están xa esgotados desde o seu lanzamento o pasado 19 de decembro, sen embargo, as persoas que retiraron as súas entradas pero finalmente non poidan asistir, poden facer a devolución dos convites ata este venres, 17 de xaneiro, ás 12.00h, no quiosco municipal da Praza de Ourense en ou escribindo un correo electrónico a: gestiontaquillasimce@coruna.gal. As novas entradas dispoñibles poderán retirarse de novo a través da plataforma online Ataquilla.com.