A compañÃa Nova Galega de Danza cumpre vinte anos este 2023 e comeza os actos de celebración coa presentación dunha nova peza, BERRO. O novo espectáculo defÃnese na procura de recuperar a memoria colectiva, segundo NGD representa o baleiro que supón ser individuos sos e illados nunha sociedade sen memoria que debe procurar o movemento que lle lembre o seu pasado. Nunha viaxe que conecta os estados emocionais, BERRO amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral -a tradición, a terra, a raÃz, a familia e a casa- a través da experiencia colectiva, sentindo a transformación na expresión do corpo. Por medio de movementos pixelados que nacen do detalle, pausas, silencios e accións sÃmbolo da lembranza ou a memoria da frase tradicional galega, o elenco de bailarÃns reproduce unha coreografÃa que conta coa dirección artÃstica de Sharon Fridman, profesional israelà que ten gañado o Premio Max á mellor coreografÃa. Nesta ocasión ao habitual corpo de baile da compañÃa súmase o director de Nova Galega de Danza, o ferrolán Jaime Pablo DÃaz. A música estará asinada por Sergio Moure de Oteyza, nominado ao Goya á mellor banda sonora. A primeira oportunidade para ver BERRO terá lugar no Pazo da Cultura de Narón o vindeiro sábado 30 de setembro ás 20h. As entradas xa están á venda na web do Padroado da Cultura. As seguintes representacións de BERRO en 2023 serán o 28 de outubro en Ourense e o 2 de decembro en As Pontes. En 2024 haberá novas datas e actividades para continuar celebrando o aniversario dunha das primeiras compañÃas privadas de danza de Galicia. A peza foi presentada onte no Café Teatro do Auditorio de Narón nunha rolda de prensa na que estiveron presentes Marián Ferreiro DÃaz, alcaldesa de Narón, Jacobo Sutil, director do Agadic, Julián Hernández Amoedo, responsable de Marketing de Vegalsa-Eroski (patrocinador principal da compañÃa), Jaime Pablo DÃaz, director de Nova Galega de Danza, Sharon Fridman, director artÃstico de BERRO, e Sergio Moure de Oteyza, responsable da música do espectáculo.