A compañÃa Nova Galega de Danza, que cumpre vinte anos en 2023 e que foi recoñecida co Premio da Cultura Galega no 2021, será a encargada de pechar a Porta Santa cun espectáculo que mestura luz, son e danza este sábado 31 de decembro ás 19h na praza da Quintana. A proposta da agrupación dirixida polo ferrolán Jaime Pablo DÃaz incluirá un elenco de 100 profesionais composto polo coro de Carmen Rey, a voz de Xurxo Fernández, a música de Sergio Moure de Oteyza, bailadores tradicionais, gaiteiros e percusionistas. O fÃo condutor do espectáculo será a pelegrinaxe ata Galicia, nun camiño simbólico que celebra o corpo do camiñante, a terra que pisa e a propia cultura galega. O evento será retransmitido en directo pola TVG. Por parte da Xunta, Turismo de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais producen este espectáculo.