O auditorio municipal Cine Alovi de As Pontes acollerá o vindeiro venres 3 de decembro en dous pases (ás 19h e ás 21h) a estrea de 'Credo', o último espectáculo de Nova Galega de Danza, a agrupación dirixida polo coreógrafo e bailarÃn ferrolán Jaime Pablo DÃaz. O espectáculo, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa de coproducións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no Centro Coreográfico Galego, presenta unha adaptación poética da obra de Celso Emilio Ferreiro. Credo fai referencia á viaxe interior que supón o Camiño de Santiago mediante unha peza escénica que combina música e danza, unindo na mesma liña conceptual os cruceiros de pedra que se atopan na paisaxe galega do percorrido xacobeo.
Nova Galega de Danza ven de ser recoñecida recentemente co Premio Max ao Mellor intérprete masculino de danza pola actuación de Iván Millar en 'Leira', unha peza pola que a agrupación tamén foi candidata a Mellor Espectáculo de Danza. Este fito sitúa á compañÃa como a primeira de Galicia desta disciplina en ser galardoada en ámbito nacional por este certame promovido pola SGAE. O corpo de danza de 'Credo', composto por seis bailarÃns da compañÃa (Inés Vieites, EstefanÃa Gómez, UxÃa Rivas, Pablo Sánchez, Ricardo Fernández e Amara Pérez), desenvolverá un traballo fÃsico de alta intensidade pensado para indagar os lÃmites da linguaxe corporal e o seu vÃnculo co espazo habitado. A música orixinal, a cargo de Sergio Moure, interpretará os sons dunha Galicia intemporal imbricada na multicuturalidade propia do Camiño. A coreografÃa corre a cargo de Fabián Thomé, con coreografÃa tradicional a cargo de Jaime Pablo DÃaz. As entradas xa poden adquirirse en tickentradas.com por un prezo de 5 euros. En billeteira do Cine Alovi tamén poderán mercarse no propio dÃa da representación unha hora antes.