Cantigas e Agarimos homenaxea a Neira Vilas co seu Balbino

A formación estrea o novo espectáculo o 27 de decembro en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cantigas e Agarimos homenaxea a Neira Vilas co seu Balbino

Un espectáculo que mestura danza, música e teatro para homenaxear a Xosé Neira Vilas e o seu Memorias dun neno labrego. O grupo folclórico presenta en Compostela o vindeiro 27 de decembro Balbino, un novo espectáculo que parte da obra deste autor para propor un percorrido pola nosa tradición. Noventa artistas fan parte desta iniciativa na que tamén colaboran o departamento de Arquitectura Efémera da escola Mestre Mateo e a compañía de teatro Ditea. A estrea será ás 20 horas no Auditorio de Galicia e porá punto e final ao ciclo Danza 3, coordinado pola AGADIC e a Asociación O Fiadeiro para a difusión da música e da danza tradicionais.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Danza, Teatro, Cantigas e Agarimos...