Nova Galega de Danza celebra o seu aniversario con Dez

A retrospectiva do traballo desta compañía comeza a súa xira o día 27

24/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Un repaso da traxectoria e da evolución de Nova Galega de Danza mediante dezasete pezas con música ao vivo. Esta é a proposta de Dez o espectáculo con que esta compañía celebra a súa primeira década de traballo e que se presentaba esta mañá no coruñés Teatro Colón. Será nesta mesma cidade, no Teatro Rosalía, onde se estreará a obra o vindeiro 27 de setembro. Logo de dúas noites, continuará o seu percurso por lugares como Santiago de Compostela, (15 de outubro), Vilagarcía de Arousa, (2 de novembro, Narón (14 de novembro) ou Ourense (21 de decembro). O espectáculo tamén se poderá ver no coñecido Madrid en danza os días 16 e 17 de novembro.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Nova Galega de Danza, Teatro, Espectáculo...