Eme2 leva os contos clásicos a escena en Contacreques

O espectáculo recupera títulos como O Reiseñor, Garavanciño ou O Zapateiro e os trasnos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Eme2 leva os contos clásicos a escena en Contacreques

Empregar os títeres para levar a escena contos clásicos. Esta é a proposta que fai Eme2 Teatro en Contacreques, o espectáculo que presentaban o pasado domingo 15 en Narón. A proposta, dirixida a un público de entre 3 e 7 anos recupera da man de títeres os contos O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos. Álex Díaz dirixe unha obra que conta con Rocío González e Rocío Salgado aos mandos dos bonecos e música de Sergio Ramos e Fran Lausen. Para alén das dúas funcións escolares previstas para hoxe 19 de outubro en Narón, o espectáculo continuará xira por Ourense (26 de novembro), Vigo (10 de decembro), Carballo (26 de decembro) e A Coruña (27 de decembro).

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Espectáculo, Clásicos, Narón...