O Museo do Pobo inaugura unha exposición sobre a louza de Bamio

Trátase dun proxecto 'híbrido' para recuperar a memoria das oleiras desta parroquia de Vilagarcía

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

O Claustro Alto do Museo do Pobo acolle desde mañá mércores 15 ás 19 horas a mostra Louza de Bamio: memoria, mulleres e territorio que, a través de paneis informativos e pezas de cerámica fai visible a tradición oleira da parroquia de san Xinés de Bamio (Vilagarcía de Arousa) e "pon de relevo a importancia de revitalizar a memoria colectiva sobre un oficio xa desaparecido". A mostra é parte dun "proxecto híbrido" entre a Asociación de Mulleres Rurais de Bamio e a Universidade de Vigo, comandado pola arqueóloga e profesora Beatriz Comendador, e apoiado polo Concello de Vilagarcía. A exposición, que integra fondos do museo e outros recuperados polas propias mulleres de Bamio, pode visitarse ata o 2 de febreiro.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Concello de Vilagarcía, Universidade de Vigo, Vilagarcía de Arousa...