Pontevedra reúne 130 biografías de mulleres en dogrisaovioleta.gal

O web conmemora os cinco anos do proxecto "A memoria das mulleres"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O programa "A memoria das mulleres" do concello de Pontevedra cumpre cinco anos e para conmemoralo, a institución municipal fixo pública unha web na que recolle 130 biografías de mulleres da historia de Pontevedra, con preto de 200 fotografías, arquivos documentais e vídeos ao redor da súa memoria. O web chámase dogrisaovioleta.gal e inclúe roteiros polo concello de Pontevedra baseados na memoria das mulleres. Luís Bará, concelleiro de Medio Ambiente, proxectos e obras, sinalou que o proxecto continuará nos vindeiros anos, con iniciativas como unha banda deseñada sobre Josefina Arruti elaborada por Kiko da Silva, e outros proxectos audiovisuais e teatrais.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Concello de Pontevedra, Luís Bará, Kiko da Silva...