O Salón do Libro de Pontevedra acolle esta tarde a presentación de Os berros da motocicleta. Este álbum, quen previsto o seu lanzamento para o vindeiro mes de outubro, conta a historia de Josefina Arruti e o xeito no que enfrontou a represión franquista na cidade. A obra, con guión e storyboard de Kiko da Silva e debuxo de Pablo Prado, conta co asesoramento histórico e a introdución da xornalista Montse Fajardo. Con este proxecto ábrese unha colección de banda deseñada promovida polo Concello e mais a escola de banda deseñada O Garaxe Hermético e que se integra no proxecto A memoria das mulleres. A intención é repasar mediante a novena arte as historias de mulleres protagonistas da historia recente da comarca.
Pola súa banda, está xa nas librarÃas Mi novio caballo, obra de debut da autora galega Xiomara Correa que ve a luz da man da editora española Reservoir Books. A historia repasa con grandes doses humor absurdo a relación dunha rapariga co seu mozo, un cabalo. Cuestións cotiáns mestúranse coa defensa da diversidade efectiva nunha obra que está a ter unha boa acollida na crÃtica estatal.