O Concello de Pontevedra presenta a BD Os berros da motocicleta

Aira editorial lanza a segunda edición de Madialeva

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O Concello de Pontevedra presenta a BD Os berros da motocicleta

O Culturgal acolle o vindeiro domingo 29 de novembro a presentación oficial de Os berros da motocicleta. Kiko da Silva ao guión e Pablo Prado como debuxante asinan esta banda deseñada que publica o Concello de Pontevedra no marco do seu programa A memoria das mulleres. A obra narra a represión que sofreu Josefina Arruti a partir da Guerra Civil polo feito de ser muller de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde republicano de Pontevedra. O Concello prevé distribuír esta BD por centros de ensino e bibliotecas.

Pola súa banda Aira Editorial acaba de presentar a segunda edición de Madialeva. Menos dun ano despois do seu lanzamento nunha autoedición finanaciada por crowdfunding, a editora engade ao seu catálogo a obra de Ana Moreiras sobre o rural galego e a vida das mulleres neste ámbito. Presentado como "unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente", o título abre a nova colección "Mulleres Ilustradoras", que propón BD con perspectiva de xénero.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Pontevedra, Mulleres, Kiko da Silva, Pablo Prado...