O Consello da Cultura presenta unha vídeo biografía de Bibiano Fernández-Osorio Tafall

Vídeo Tafall

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Bibiano Fernández-Osorio Tafall, o republicano galego que chegou a ser subsecretario da ONU conta desde hoxe cunha biografía en vídeo. Este documental, realizado polo historiador José Antonio Durán preséntase hoxe no Consello da Cultura Galega en Compostela e mañá no Café Moderno de Pontevedra. A cidade do Lérez tamén homenaxea esta tarde ao galeguista cun acto que celebra o aniversario do seu nacemento e cunha mostra fotográfica. O vídeo sobre Tafall foi patrocinado polo Consello da Cultura Galega e polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.

Máis información no web do Consello da Cultura e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Antonio Durán, Documental, ONU...