O Consello da Cultura pon na rede tres conferencias de Bibiano F. Osorio-Tafall

Pódense escoitar no marco do proxecto Voces centenarias do Arquivo Sonoro de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Bibiano F. Osorio-Tafall

Bibiano F. Osorio-Tafall

Exiliado en México logo da guerra, científico especialista en bioloxía mariña e xenética vexetal, funcionario da ONU e traballador incansable pola cultura galega. A figura de Bibiano F. Osorio-Tafall é sen dúbida unha das máis interesantes do galeguismo do século XX. Agora, o Consello da Cultura Galega publica na rede o audio de tres conferencias nas que se pode comprobar, na súa propia voz, a perspectiva que tiña sobre diferentes cuestións.

O primeiro dos cortes, titulado "Las Naciones Unidas y la solidaridad universal", recolle a palestra que impartiu no Centro Galego de Bos Aires o 26 de xullo de 1957, a abordar as liñas económicas precisas para acadar o desenvolvemento económico de Suramérica desde a súa visión como director rexional da FAO. Noutra das charlas dispoñibles, Osorio-Tafall fala sobre"El mar como fuente de materias primas", impartida na Facultade de Ciencias Económicas de Bos Aires, no mesmo ano. E tamén do 57 é o audio da súa intervención no "Coloquio sobre os problemas da cultura galega", que se celebrou o 18 de agosto dentro das Xornadas Patrióticas Galegas e no que tamén participaron Núñez Búa, Rafael Dieste ou Ramón de Valenzuela.

O Arquivo Sonoro de Galicia encargouse de recuperar estas gravacións históricas no marco do proxecto Voces centenarias, no que divulga os fondos inéditos que custodia e que achegan as voces de escolma das gravacións persoeiros da cultura, da política ou da emigración xa desaparecidos.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Del Riego, a viva voz

Del Riego, a viva voz

Recuperamos gravacións do histórico galeguista da man do Arquivo Sonoro de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo Sonoro de Galicia, Guerra, Consello da Cultura Galega, ONU...