O deputado do PSdeG Antón Louro solicitou no Parlamento que o Consello da Cultura Galega elabore un dictame para coñecer os contidos da Cidade da Cultura que a Xunta promove en Compostela. Segundo Louro, non se saben con exactitude nin os custos que supón este complexo, taxado inicialmente en 132 millóns de euros, nin os contidos que albergará unha vez rematado. Ante este descoñecemento pide que un órgano independente como é o Consello interveña e analice o proxecto. Desde a ConsellerÃa de Cultura Xesús Pérez Varela remitiuse ao web da Cidade da Cultura onde asegura que se pode consultar toda a información sobre este tema.
Máis información en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe; no web da Cidade da Cultura e no web do Consello da Cultura