Pontevedra dedica o II Simposio A Memoria das mulleres á "escola represaliada e resistente"

Celébrase entre o 29 e o 31 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O II Simposio A memoria das mulleres, organizado polo Concello de Pontevedra, estará dedicado á "escola represaliada e resistente" e contará con homenaxes, presentacións e conferencias ao redor das mulleres e a educación, especialmente durante o franquismo. O simposio celebrarase entre o 29 e 31 de maio. O 29 farase unha homenaxe a Ernestina Otero Sestelo, directora da Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra, diante do antigo edificio da Escola Normal, e os días 30 e 31 de maio celebrarase na Casa das Campás, onde participarán investigadores como Anxo Porto, Raquel Vázquez Ramil, Xosé Manuel Cid, Xosé Álvarez Castro e María Victoria Martíns.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Xosé Álvarez Castro, Xosé Manuel Cid, Franquismo...