O tradicional acto de celebración do Día das Letras Galegas que anualmente realiza a Real Academia Galega o 17 de maio celebrarase este ano en Seoane do Courel. Será ás 12:00, no antiga escola de Seoane, onde se celebrará o acto académico, no que intervirán Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei e Manuel González, e finalizará coa intervención de Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da RAG diante da presenza do Presidente da Xunta de Galicia. Posteriormente, os académicos trasladaranse ao novo colexio de Seoane, que se rebautizará co nome "Poeta Uxío Novoneyra".


