Voces a recuperar historias esquecidas de mulleres en formato podcast. Esta é a proposta que fan este mes de xaneiro o Concello e mais a Deputación de Pontevedra con cadansúa proposta. No caso da Capital do Lérez, o programa A memoria das mulleres presentaba este día 23 contidos sonoros vencellados a catro roteiros que percorren diferentes capítulos da cidade en feminino.
Deste xeito, percorridos pola represión franquista sobre as mulleres, a presenza dos feminicidios no camposanto de San Mauro, o barrio da Moureira ou as pegadas do xénero en rúas e prazas da cidade poden seguirse mediante audios que, alén de servir como guía, tamén están dispoñibles para se escoitar de xeito independente.
A deputación provincial, pola súa banda, presenta na tarde deste 24 de xaneiro a primeira entrega dos podcasts Aquí faltan páxinas. Un relatorio a cargo de Guillermina Domínguez sobre a figura de María Soliña dará a coñecer a primeira entrega desta serie sonora que recupera "episodios fundamentais da nosa historia protagonizados por mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros".
O Salón de Plenos do Concello de Cangas acollerá ás 19 horas a presentación deste relato sonoro que percorre os puntos máis importantes da biografía da protagonista. Ao dedicado a María Soliña seguirao cada mes un novo episodio do podcast, protagonizados por Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.