O Museo do Pobo Galego organiza unha nova sesión do Café da Memoria, que nesta edición estará dedicada ás traballadoras das fábricas de conserva. Nesta primeira parte da actividade o músico e investigador Xurxo Souto presentará por primeira vez o proxecto de recuperación de cantigas de traballo das mulleres do mar. O traballo de investigación de Xurxo Souto, que realizou nas zonas do Grove, Bueu, Arousa ou Cangas (entre outras), recolle cantos que se empregaban como ferramenta colectiva de distracción pero tamén como reflexo e crÃtica das condicións sociais e laborais do traballo das operarias das conserveiras. No acto participará a Cooperativa CantarElas, que poñerá voz a algunha destas pezas recuperadas por Souto. Será o dÃa 22 de novembro ás 20.00h no Auditorio do Museo. A fin destes encontros, que se levan organizando dende o ano 2008, é coñecer e rexistrar a memoria da sociedade galega a través das historias persoais e rexistrar a riqueza e variedade da nosa expresión oral (a propia lingua, as coplas, a música e, por suposto, a xestualidade). O 29 de novembro, o Café da Memoria continuará co encontro con traballadoras da conserva de Camariñas e Cangas que protagonizan a actividade este ano.