Rematamos o noso repaso desde as olladas de expertos ao ano 2024 convocando á poeta e editora Tamara Andrés e ao produtor escénico e director de 'Táboas' Álvaro Pérez Becerra. Tamara Andrés destaca neste pasado 2024 os numerosos premios recibidos por editoras e escritores do país e algunhas traducións destacadas. Álvaro Pérez Becerra sinala a relevancia da proxección dos festivais escénicos galegos, ademais de numerosas estreas de interese.
Ano abellariza
O círculo non pecha, concentra
Chus Pato
Hai dez anos, Apiario editaba Celebración, o primeiro título do seu catálogo e poemario co que Gonzalo Hermo acadaba o Premio da Crítica Española e mais o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Neste 2024, o selo creado por Antía Otero e Dores Tembrás festexaba o seu décimo aniversario agasallándonos O libro das abellas.
Máis alá do aniversario de Apiario, 2024 foi un ano de efemérides continuas: os 100 anos da edición moderna en Galicia, os 35 de GÁLIX, os 10 de Irmás Cartoné, os 5 de Cuarto de Inverno e aínda máis no horizonte próximo, como os 75 de Galaxia, os 35 de Laiovento ou os 20 de Espazo Lectura1.
2024 foi, así mesmo, o ano en que moitas mans colocaron as palabras de Luísa Villalta nunha constelación diversa, o ano no que o Premio Nacional de Poesía veu amplificar o discurso poético de Chus Pato, sempre na vangarda, ou o ano no que o labor de Manuel Rivas, quen tantas veces nos ten congregado arredor dun vagalume, foi recoñecido co Premio Nacional das Letras.
2024 foi o ano en que saudamos en galego cousas pequenas coma estas ou historias que deteñen corazóns e, ben tristemente, o ano no que despedimos a Henrique Harguindey, quen termando da lingua tanto termou de nós2.
E 2024 foi tamén o ano no que Gonzalo Hermo, Antón Blanco e Helena Salgueiro, autorías reunidas hai xa algún ano nunha antoloxía apícola e refulxente, acadaron galardóns poéticos que permitirán que as súas voces pronto se volvan despregar.
____________________
1Que a festa non nos faga esquecer un dato que se revelou este ano: só o 3,1 % do lectorado galego prefire ler na lingua do país (Fonte: Hábitos de lectura y compra de libros en España 2023).
2Recomendo vivamente a lectura deste texto de Afonso Becerra.
Tamara Andrés é poeta, tradutora e investigadora. En 2024 deu ao prelo o poemario para non concretarme e traduciu ao galego Charlotte, Panthera tigris e unha escolma poética de Vicent Andrés Estellés. Tamén coordinou, xunto a Ana Luna Alonso e Alberto Álvarez Lugrís, O son en que cada lingua se solta: Luísa Villalta tradutora, Luísa Villalta traducida.
O ano da proxección dos festivais
O 2024 deixa para as artes escénicas galegas unha nova e fantástica fornada de espectáculos que confirman unha vez máis o potencial creativo e de produción de compañías e profesionais. Parece polo menos a percepción do sector, que habería que analizar ata que punto coincide coa que pode ter o público.
Foi un ano de moitas e moi diversas estreas, entre as que habería que destacar Os actos e as profecías (Tamara Canosa, para o CDG), Noso (Gustavo del Río, para Os Náufragos Teatro) e Go home (Tito Asorey, para Etiqueta Negra) en teatro, ou Ceibe (Fran Sieira) e Dique (Marta Pazos, para Nova Galega de Danza) en danza. Non lembraremos o 2024, sen embargo, por ser "o ano de" como poderon o pasado con Unha inimiga do pobo, ou antes con Iribarne, N.E.V.E.R.M.O.R.E. ou Fariña. Se cadra desta vez na danza fixéronse propostas máis ambiciosas para conseguir chamar a atención do público, e con certo éxito.
A produción escénica galega segue tendo pendente unha reflexión sobre a sobreprodución de espectáculos -un cada ano a maior parte das compañías- en relación ao número de funcións que conseguen realizar. Parece unha das principais causas de que sexan tan poucos os proxectos que chegan a destacar e manterse no tempo.
En canto ao público, coa xa habitual excepción das propostas de Ainé -Somos Criminais e Corentena-, que seguiron batendo récords, o 2024 acentuou os desequilibros na asistencia de espectadores aos teatros das distintas localidades en función das estratexias de programación e a capacidade de xerar públicos estables; outra reflexión pendente no sector.
Do máis destacado e do máis positivo do ano que rematou é o traballo realizado polo conxunto de festivais de artes escénicas, xa non tanto pola programación -onde veñen realizando un esforzo máis que notable desde hai anos-, senón pola proxección que están conseguindo acadar, e que no 2024 foi moi salientable. Merece neste sentido unha mención especial Roberto Pascual, no seu último ano á fronte da MIT de Ribadabia.
Álvaro Pérez Becerra dirixe a revista 'Táboas', unha das dúas publicacións periódicas dedicadas ao sector das artes escénicas en Galicia . Traballa como produtor en proxectos de audiovisual e artes escénicas a través das produtoras Ainé Producións e Undodez
Ano abellariza
por Tamara Andrés
O círculo non pecha, concentra
Chus Pato
Hai dez anos, Apiario editaba Celebración, o primeiro título do seu catálogo e poemario co que Gonzalo Hermo acadaba o Premio da Crítica Española e mais o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Neste 2024, o selo creado por Antía Otero e Dores Tembrás festexaba o seu décimo aniversario agasallándonos O libro das abellas.
Máis alá do aniversario de Apiario, 2024 foi un ano de efemérides continuas: os 100 anos da edición moderna en Galicia, os 35 de GÁLIX, os 10 de Irmás Cartoné, os 5 de Cuarto de Inverno e aínda máis no horizonte próximo, como os 75 de Galaxia, os 35 de Laiovento ou os 20 de Espazo Lectura1.
2024 foi, así mesmo, o ano en que moitas mans colocaron as palabras de Luísa Villalta nunha constelación diversa, o ano no que o Premio Nacional de Poesía veu amplificar o discurso poético de Chus Pato, sempre na vangarda, ou o ano no que o labor de Manuel Rivas, quen tantas veces nos ten congregado arredor dun vagalume, foi recoñecido co Premio Nacional das Letras.
2024 foi o ano en que saudamos en galego cousas pequenas coma estas ou historias que deteñen corazóns e, ben tristemente, o ano no que despedimos a Henrique Harguindey, quen termando da lingua tanto termou de nós2.
E 2024 foi tamén o ano no que Gonzalo Hermo, Antón Blanco e Helena Salgueiro, autorías reunidas hai xa algún ano nunha antoloxía apícola e refulxente, acadaron galardóns poéticos que permitirán que as súas voces pronto se volvan despregar.
____________________
1Que a festa non nos faga esquecer un dato que se revelou este ano: só o 3,1 % do lectorado galego prefire ler na lingua do país (Fonte: Hábitos de lectura y compra de libros en España 2023).
2Recomendo vivamente a lectura deste texto de Afonso Becerra.
Tamara Andrés é poeta, tradutora e investigadora. En 2024 deu ao prelo o poemario para non concretarme
O ano da proxección dos festivais
por Álvaro Pérez Becerra