Tui perde a axuda de 770.000 euros para recuperar o Teatro Principal

Os fondos do Ministerio de Transportes estaban condicionados a conseguir outras fontes de financiamento para os traballos

2/1/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioteatro
22 lecturas | Compartido 0 veces

Fachada do Teatro Principal. Fonte: Concello de Tui

O Concello de Tui deberá devolver os 772.293 euros que o Ministerio de Transportes lle concedera de xeito provisorio en 2023 para recuperar o Teatro Principal da localidade. A axuda, destinada a tarefas de eficiencia enerxética, estaba condicionada á obtención doutras fontes de financiamento para o proxecto de rehabilitación do edificio, fechado desde 1972 e en ruína.
A exclusión desta proposta na listaxe de proxectos beneficiados polos fondos do 2% Cultural do Ministerio neste 2024 levou a que o Concello non poida sufragar as obras. Para comezos de 2025 estaba prevista a licitación do proxecto inicial duns traballos nos que se prevé un orzamento total duns 3 millóns de euros. A comezos deste mes de decembro, o Concello contratou as obras de desentullo e apuntalamento deste conxunto.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares