A decisión do Ministerio de Transportes de facer oficial o topónimo Ria del Eo ao mesmo nivel que o de RÃa de Ribadeo foi recorrida pola Xunta. O Goberno galego anunciou este 2 de xaneiro que presentou un recurso de alzada ante o Ministerio de Transportes contra a decisión do Instituto Xeográfico Nacional que lle outorgou cooficialidade ao primeiro dos nomes.
A decisión "vulnera, segundo a interpretación do Goberno galego e da Comisión de Toponimia de Galicia, a normativa reguladora da determinación dos topónimos oficiais". A partir deste razoamento "e partindo da incorrección xeográfica e semántica que supón o topónimo RÃa del Eo, cuxa grafÃa ademais non serÃa aceptable en galego", a Xunta reclama que "a opción tecnicamente correcta" pasarÃa por "manter a forma RÃa de Ribadeo como a única oficial" aÃnda que valora que se recoñeza "a outra opción como unha variante".
Entre outros argumentos, a Xunta destaca que, de acordo á Comisión de Nombres Geográficos y Cambios de Denominación da Real Sociedad "unha rÃa constitúe unha entidade xeográfica resultado dunha elevación do mar con respecto á terra e que en ningún caso está vinculada na súa orixe á rede hidrográfica existente", polo que "non pode estar adscrita, en ningún caso, a un rÃo que desemboque nela".
Tamén destaca que a Real Sociedad Geográfica "considera que as denominacións das rÃas, por tradición xeográfica e cartográfica, coinciden co topónimo do núcleo de poboación máis importante asentado ás marxes ou proximidades desta, ou na gran cantidade de documentación histórica achegada sobre a antiguidade", o que concorda coa reclamación galega.
O recurso da Xunta lembra que a súa posición conta co respaldo de diferentes entidades como a RAG, o Consello da Cultura Galega, o Grupo ANTE de Investigación de Análise Territorial da USC, a Deputación Provincial de Lugo ou o Concello de Ribadeo.