Falece Francisco Domínguez que dirixiu a Fundación Penzol

Como presidente da editorial SEPT impulsou a tradución da Biblia ao galego

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasLiteraturaLingua
Compartir:
Francisco Domínguez   Foto: editorial Galaxia

Francisco Domínguez Foto: editorial Galaxia

O 2024 rematou deixando a triste nova do pasamento de Francisco ' Quico' Domínquez (Ribeira, 1944- Vigo, 2024), ex director da Fundación Penzol en sustitución de Fernández del Riego, tamén foi presidente da editorial SEPT e un dos impulsores da tradución da Biblia ao galego, así como accionista e conselleiro da Editorial Galaxia. Desde a editorial hoxe lembran a súa figura así como a súa traxectoria cultural e de activismo político como dirixente do Partido Galego Socialdemócrata e posteriormente do Partido Galeguista. Naceu no seo dunha familia galegofalante. O seu pai foi outro dos mestres depurados tras da Guerra Civil, como consecuencia da súa actividade política, e morreu cando Francisco era moi novo, o cal fixo que tivera unha infancia dura. Estudiando e traballando simultaneamente, fixo o Bacharelato en Ribeira, e logo Perito industrial en Vigo. Despois, en 1965, foi facer os estudios de Enxeñeiro Industrial a Bilbao. Alí, en Euskadi, colaborou activamente co galeguismo mediante a relación co Centro Galego de Baracaldo e a Casa da Galiza de Bilbao. Tras volver a Vigo no ano 1970, exerceu a súa actividade profesional na empresa privada durante máis de trinta anos e posteriormente incorporouse á Universidade de Vigo (UVigo), da que era doutor.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Penzol, Biblia, Tradución, SEPT...