A Fundación Penzol e Galaxia homenaxean a Del Riego

O acto desenvolverase no Centro Social Novacaixagalicia en Vigo ás 19:30

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Centro Social Novacaixagalicia de Vigo acolle esta tarde, a partir das 19:30 horas, o acto de homenaxe que a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol lle dedican a Francisco Fernández del Riego. Responsables destas entidades, canda a persoeiros como Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia ou Manuel Bragado, en representación da Asociación de Editores, lembrarán a figura do intelectural recentemente desaparecido. No acto proxectarase un video con imaxes do falecido e poderá escoitarse a súa última intervención pública. Ademais, distribuirase unha publicación que recolle as homenaxes escritas que recibiu a súa figura logo do falecemento.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Penzol, Vigo, Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego...