A Asociación de Escritores homenaxea a Del Riego

Vigo acolle o vindeiro día 19 o acto de conmemoración Os bos e xenerosos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Francisco Fernández del Riego, recentemente falecido, será quen reciba este ano a homenaxe Os bos e xenerosos que realiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O acto desenvolverase o vindeiro 19 de febreiro na Casa Galega da Cultura, en Vigo, onde representantes do mundo cultural galego darán discursos sobre a figura do intelectual galeguista e poderán verse videos sobre a súa figura. A conmemoración conta co apoio da Fundación Penzol, a Editorial Galaxia e o Concello de Vigo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Francisco Fernández del Riego, Lingua galega, Concello de Vigo...